Ainara Rodríguez Blanco (2º ESO) gañou o concurso "O mes que andamos: outubro".
Parabéns!
Parabéns ás dúas!
O venres 29 de outubro o alumnado de 1º ESO e 2º ESO realizou no pavillón a actividade do Samaín: "Rachadura dos medos e conxuros máxicos". Despois de facer unha breve introdución ao Samaín, varios/as alumnos/as leron poemas de medo e conxuros máxicos para afastar o mal. A seguir, cada alumno/a achegouse á caixa do Samaín e rompeu o papel onde levaba escritos os seus medos. Por último, entregáronse os premios aos mellores conxuros.
O vindeiro 3 de novembro celébrase o Día de Neira Vilas, autor de Memorias dun neno labrego, O cabaliño de buxo ou Cartas a Lelo.
Xosé Neira Vilas naceu o 3 de novembro de 1928 na casa do Romano en Gres(Vila de Cruces), actual sede da Fundación que leva o nome do escritor. Pasou a infancia e a adolescencia no mundo rural, que máis tarde recreará nas súas obras narrativas.
En 1961 publicou Memorias dun neno labrego, a obra máis lida e tamén a máis traducida da literatura galega, con versións en castelán, francés, inglés, alemán ou ruso, entre outros idiomas ata chegar case á vintena.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade decidiu festexar o Día do Lector coincidindo coa data de nacemento de Neira Vilas.
Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...