EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA DE LAXE
xoves, 24 de marzo de 2022
INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL
Comezamos o intercambio lingüístico-cultural co alumnado da ESO do PROGRAMA DE GALEGO do IES Virgen de la Encina de Ponferrada co primeiro envío de cartas.
AGARDAMOS A RESPOSTA DO ALUMNADO BERCIANO!
luns, 21 de marzo de 2022
DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA
Hoxe celebramos o Día Internacional da Poesía cunha lectura de poemas en galego de autores/as como Celso Emilio Ferreiro, Dores Tembrás, Carlos Negro, Manuel María, Ana Romaní, Álvaro Cunqueiro, Marta Dacosta, Marica Campo, Lois Pereiro... Cada alumno/a recibiu un poema que leu na clase de lingua.
"Como forma de expresión íntima que permite abrirse aos demais, a poesía enriquece o diálogo que cataliza todo progreso humano e é máis necesaria que nunca en tempos turbulentos."
Mensaxe da Sra. Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial da Poesía 2022
xoves, 10 de marzo de 2022
CONCURSO DE NOVOS TALENTOS DE RELATO CURTO EN GALEGO
Hoxe Aliena, Enma, Ainara e Cristina de 2º ESO participaron na XIII Edición do Concurso Coca Cola Novos Talentos de Relato Curto.
MOITA SORTE ÁS CATRO ALUMNAS!
martes, 8 de marzo de 2022
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS
Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...
-
CATÁLOGO SOBRE O MAGOSTO E O OUTONO Este traballo foi elaborado grazas á recompilación de cantigas, refráns ... realizada polo alumnado do...
-
O alumnado de 3º de primaria e 2º de ESO participou hoxe no Correlingua 2023, que ten como lema "Na casa, na escola, bota a lingua fóra...
-
As gañadoras do II Concurso de lemas a prol da lingua galega nas dúas categorías da ESO foron: -Categoría D (1º e 2º ESO): Lucía Souto Su...