O luns 30 de maio estivo no noso centro Héctor Cajaraville para falar da súa obra ao alumnado de 3º ESO e 4º ESO. Grazas á editorial Xerais por ofrecernos este encontro e grazas a Héctor pola interesante charla!
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA DE LAXE
luns, 30 de maio de 2022
VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE
O luns 30 de maio estivo no noso centro Héctor Cajaraville para falar da súa obra ao alumnado de 3º ESO e 4º ESO. Grazas á editorial Xerais por ofrecernos este encontro e grazas a Héctor pola interesante charla!
domingo, 29 de maio de 2022
CONCURSO "O MES QUE ANDAMOS": ABRIL E MAIO
Saray de 3º ESO foi a gañadora do concurso "O mes que andamos" do mes de abril.
Enma de 2º ESO foi a gañadora deste concurso no mes de maio.
PARABÉNS!
martes, 17 de maio de 2022
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
En pé, barudos mozos da aldea,
xa nace o sol da nosa liberdade;
en pé, rapaces, que xa alumea
a luz esgrevia da nova idade.
Valentes mozos galegos
xa é hora d’espertar,
de ouvir da terriña os pregos
e de por ela loitar…
sábado, 14 de maio de 2022
INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL
venres, 13 de maio de 2022
HOMENAXE A FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
O venres 13 de maio o alumnado de ESO celebrou un acto de homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, escritor valdeorrés ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas en 2022.
As alumnas e os alumnos participaron nunha lectura de poemas do autor de Córgomo e interpretaron varias pezas musicais, dirixidos/as por Gonzalo, o profesor de Música.
Presentaron o acto Antía e Pablo de 4º ESO.
Mireya, Saskia e Blanca leron unha breve biografía de Florencio Delgado Gurriarán.
A continuación, Blanca, Pablo e Saskia interpretaron a peza "Muiñeira de Santo Andrés de Teixido".
Os alumnos e alumnas de 1º ESO leron poemas de Bebedeira. Participaron: Miriam, Alex, Xabier, Noa, Nazaret, Elías, Alejandra, Aitana e Antía.
O alumnado de 2º de ESO interpretou a peza "O cura de Ames".
Aitor, Sergio, Brais, Iria, Ainara e Iria de 2º ESO leron poemas de Cantarenas.
O alumnado de 3º ESO interpretou "Santo Andrés casamenteiro".
Miguel, Bruno, Nacho, Roi, Leo e Nerea de 3º ESO leron poemas de Galicia infinda.
Gonzalo e Pablo interpretaron a peza "A herba de namorare".
Cintia, Carla, Daniela, Carolina, Samuel, Rosa e Santiago de 4º ESO leron poemas de O soño guieiro.
O alumnado da materia de Música pechou a celebración coa interpretación do Himno de Galicia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS
Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...
-
CATÁLOGO SOBRE O MAGOSTO E O OUTONO Este traballo foi elaborado grazas á recompilación de cantigas, refráns ... realizada polo alumnado do...
-
O alumnado de 3º de primaria e 2º de ESO participou hoxe no Correlingua 2023, que ten como lema "Na casa, na escola, bota a lingua fóra...
-
As gañadoras do II Concurso de lemas a prol da lingua galega nas dúas categorías da ESO foron: -Categoría D (1º e 2º ESO): Lucía Souto Su...