EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA DE LAXE

luns, 27 de decembro de 2021

CONCURSO DE CARTAS AO APALPADOR

 

As gañadoras do Concurso de cartas ao Apalpador son:

CATEGORÍA A:  Carlota Albores Vázquez (INFANTIL)


CATEGORÍA B: María Toja Real  (3º PRIMARIA)


CATEGORÍA C: Noé Vigo Fernández (5º PRIMARIA)


CATEGORÍA D: Enma Lobelos Lema (2º ESO)




PARABÉNS!

sábado, 18 de decembro de 2021

DIC, DAC, DOCS


Dic, dac, docs é unha serie documental producida por Adarme Visual que pode verse no Portal da Lingua Galega e na canle de YouTube da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Conta co guión de María Reimóndez e mais dos directores do proxecto -Álex Penabade e David Hernández-, a voz en off de María Roja e a música de Iván Blanco.

Dirixida a nenos e nenas de 2 a 7 anos, os cinco breves capítulos que compoñen esta serie teñen a finalidade de facilitarlle á cativada a adquisición de vocabulario en galego. Cada capítulo está dedicado a un tema (a cidade, a horta, a casa, a granxa e os medios de transporte), que será o eixo a través do cal os pequenos descubrirán os elementos e as palabras en galego relacionadas con ese campo. Todos os capítulos están encadrados no ámbito galego e cunha referencia clara á xeografía e á cultura de Galicia.

Dic Dac Docs

xoves, 25 de novembro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES





 DIGNIDADE E IGUALDADE!

Foto: ONU Mulleres

FIN Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!

O alumnado de ESO elaborou un vídeo para denunciar a violencia de xénero e esixir o fin desta praga. O vídeo foi visionado nas aulas de ESO. Non se pode subir enteiro a esta publicación porque excede a capacidade permitida por Blogger. Por iso, se poñen só algúns fragmentos.



















xoves, 18 de novembro de 2021

XELA ARIAS SEN FRONTEIRAS

Fotobiografía sonora de Xela Arias, a poeta a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2021. Trátase dun percorrido creativo e multidisciplinar pola traxectoria da escritora onde dialogan a literatura, a música, a fotografía, o audiovisual e a videocreación.

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-23543.pdf


venres, 12 de novembro de 2021

CONCURSO DE MANUALIDADES DO SAMAÍN

Os gañadores do Concurso de manualidades do Samaín son:

CATEGORÍA A:  Manu Toja (Infantil).




CATEGORÍA B: Igor Iglesias Pose (3º Primaria).



PARABÉNS!

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR DO SAMAÍN

As alumnas gañadoras do Concurso de relatos de terror son:

CATEGORÍA A:  Alma Varela (4º Primaria)




CATEGORÍA B: Cristina Rodríguez Santos (2º ESO).



CATEGORÍA C: Cintia Toja Campaña (4º ESO)


PARABÉNS ÁS GAÑADORAS!

xoves, 11 de novembro de 2021

NOVA TÁBOA PERIÓDICA DOS ELEMENTOS EN GALEGO

 O grupo de innovación docente CienciaNOSA da Universidade de Santiago de Compostela (USC) publicou a nova versión en galego da Táboa periódica dos elementos, que recolle os novos elementos incorporados pola Internacional Union of Pure and Applied Chemistry (IUPAC).

mércores, 10 de novembro de 2021

Convocatoria do IV Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez «O vello dos contos»

 Convócase o IV Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos, organizado, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte ... nas Ondas!

martes, 9 de novembro de 2021

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA NO ENSINO

 

A Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) promove o XII Día da Ciencia en Galego, coincidindo coa celebración o vindeiro 10 de novembro do Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, instaurada en 2001 pola Unesco.

Neste 2021, declarado "Ano da economía creativa para o desenvolvemento sostible, a IA e os novos poliedros", os científicos homenaxeados son Alan Turing, considerado o precursor da informática moderna, e Tarsy Carballas, pioneira na realización de estudos sobre a xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona tépeda e húmida de España, e especialista no impacto dos incendios nos ecosistemas forestais.


CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS

Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...