Hoxe celebramos o Día Internacional da Poesía cunha lectura de poemas en galego de autores/as como Celso Emilio Ferreiro, Dores Tembrás, Carlos Negro, Manuel María, Ana Romaní, Álvaro Cunqueiro, Marta Dacosta, Marica Campo, Lois Pereiro... Cada alumno/a recibiu un poema que leu na clase de lingua.
"Como forma de expresión íntima que permite abrirse aos demais, a poesía enriquece o diálogo que cataliza todo progreso humano e é máis necesaria que nunca en tempos turbulentos."
Mensaxe da Sra. Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial da Poesía 2022