Dúas alumnas de 4º ESO, membros do EDLG, colaboran na actualización da exposición. |
luns, 3 de outubro de 2022
TABOLEIRO "O MES QUE ANDAMOS"
luns, 26 de setembro de 2022
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS
Celebramos o Día Europeo das Linguas cun mural sobre distintos idiomas minoritarios do noso continente.
martes, 20 de setembro de 2022
LEILÍA: O CORAZÓN POLO AIRE
A melodía, recollida na parroquia de Baroña, enfía coplas que xiran arredor do baile e das emocións que esperta esta expresión artística. Nelas fálase da necesidade de espazos e de momentos para o lecer compartido.
Vídeo musical dunha peza inédita de Leilía.
mércores, 22 de xuño de 2022
I CONCURSO DE LEMAS A PROL DA LINGUA GALEGA
A participación no I Concurso de Lemas a prol da Lingua Galega foi alta na ESO.
Na categoría D gañou o traballo presentado por Iria de 2º ESO.
venres, 3 de xuño de 2022
SESIÓN DE NARRACIÓN ORAL CON CAXOTO
Exitosa función de Caxoto no noso centro! O alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º de ESO gozou moito cos seus contos!
luns, 30 de maio de 2022
VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE
O luns 30 de maio estivo no noso centro Héctor Cajaraville para falar da súa obra ao alumnado de 3º ESO e 4º ESO. Grazas á editorial Xerais por ofrecernos este encontro e grazas a Héctor pola interesante charla!
domingo, 29 de maio de 2022
CONCURSO "O MES QUE ANDAMOS": ABRIL E MAIO
Saray de 3º ESO foi a gañadora do concurso "O mes que andamos" do mes de abril.
Enma de 2º ESO foi a gañadora deste concurso no mes de maio.
PARABÉNS!
martes, 17 de maio de 2022
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
En pé, barudos mozos da aldea,
xa nace o sol da nosa liberdade;
en pé, rapaces, que xa alumea
a luz esgrevia da nova idade.
Valentes mozos galegos
xa é hora d’espertar,
de ouvir da terriña os pregos
e de por ela loitar…
sábado, 14 de maio de 2022
INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL
CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS
Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...
-
CATÁLOGO SOBRE O MAGOSTO E O OUTONO Este traballo foi elaborado grazas á recompilación de cantigas, refráns ... realizada polo alumnado do...
-
O alumnado de 3º de primaria e 2º de ESO participou hoxe no Correlingua 2023, que ten como lema "Na casa, na escola, bota a lingua fóra...
-
As gañadoras do II Concurso de lemas a prol da lingua galega nas dúas categorías da ESO foron: -Categoría D (1º e 2º ESO): Lucía Souto Su...