EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA DE LAXE

domingo, 23 de outubro de 2022

LECTURA DE RELATOS DE TERROR

O venres 28 de outubro, no recreo, alumnos e alumnas voluntarios/as van ler relatos de medo de Paula Carballeira na biblioteca.



CONVIDAMOS A TOD@S A VIR ESCOITAR OS CONTOS!



OS NOSOS CONCURSOS DO SAMAÍN

 O EDLG e o Equipo da Biblioteca convocaron varios concursos para celebrar o Samaín. O venres 28 de outubro faranse públicos os nomes dos gañadores ou gañadoras.



xoves, 13 de outubro de 2022

A ORIXE DA NOSA LINGUA


'A orixe da nosa lingua guapa' é un filme da Real Academia Galega baseado nunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey e dirixido por Damián Varela, de miramemira. A escritora asina tamén o guión xunto a Fátima R. Ruibal, profesora de galego e a actriz que lle dá vida a mestra-meiga desta historia que mestura realidade e fantasía.

https://academia.gal/

mércores, 12 de outubro de 2022

XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS

 



O Observatorio do Patrimonio Lúdico, co apoio do Consello da Cultura Galega, ofrécenos unha aplicación sobre os xogos tradicionais (descargable como “xogos tradicionais”), que ten tamén a correspondente versión web; unha ferramenta de interese para o alumnado, para as familias e para o profesorado, que permite incorporar os ancestrais xogos da nosa cultura ao acervo familiar, para consultala con facilidade no interior e no exterior, no rural e no urbano, e que aposta polas tecnoloxías dixitais como canles para preservar, desenvolver e gañar públicos para a cultura e a lingua galegas.
https://www.lingua.gal/

luns, 3 de outubro de 2022

TABOLEIRO "O MES QUE ANDAMOS"

Comezamos o mes de outubro e o EDLG actualiza o taboleiro O MES QUE ANDAMOS.
Dúas alumnas de 4º ESO, membros do EDLG, colaboran na actualización da exposición.

luns, 26 de setembro de 2022

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Celebramos o Día Europeo das Linguas cun mural sobre distintos idiomas minoritarios do noso continente. 



Na exposición pódense ler poemas en diferentes linguas.

martes, 20 de setembro de 2022

LEILÍA: O CORAZÓN POLO AIRE

A melodía, recollida na parroquia de Baroña, enfía coplas que xiran arredor do baile e das emocións que esperta esta expresión artística. Nelas fálase da necesidade de espazos e de momentos para o lecer compartido.


Vídeo musical dunha peza inédita de Leilía. 

mércores, 22 de xuño de 2022

I CONCURSO DE LEMAS A PROL DA LINGUA GALEGA

 A participación no I Concurso de Lemas a prol da Lingua Galega foi alta na ESO.


Na categoría D gañou o traballo presentado por Iria de 2º ESO.


Na categoría E gañou o lema presentado por Samuel de 4º ESO.


PARABÉNS!


OS FROITOS DA LINGUA


 
O alumnado de 1º ESO e 2º ESO fixo unha recollida de léxico relacionado co campo ou co mar.

venres, 3 de xuño de 2022

SESIÓN DE NARRACIÓN ORAL CON CAXOTO


Exitosa función de Caxoto no noso centro! O alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º de ESO gozou moito cos seus contos!

CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS

Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...