EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA DE LAXE

xoves, 3 de novembro de 2022

ANIVERSARIO DE XOSÉ NEIRA VILAS

Celebramos o aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas cunha lectura de fragmentos de Memorias dun neno labrego.












domingo, 30 de outubro de 2022

CONCURSO DE EPITAFIOS

O alumnado de 3º e 4º ESO participou no Concurso de epitafios do Samaín.

A gañadora do concurso foi Cristina Santos Facal de 3º ESO.


PARABÉNS!

venres, 28 de outubro de 2022

LECTURA DE CONTOS DE MEDO

O 28 de outubro, durante o recreo, o EDLG e o Equipo da Biblioteca organizaron unha lectura de contos de medo de Paula Carballeira.

Participaron na lectura:

-Alejandro, Laura, Celia e Lucía de 1º ESO.

-Miriam, Aitana e Alejandra de 2º ESO.


-Cristina, Ainara, Sara, Enma e Iria de 3º ESO.


-Nerea, Saskia e Aroa de 4º ESO.



CONCURSO DE MANUALIDADES DO SAMAÍN

O alumnado de infantil e dos tres primeiros cursos de primaria participou no concurso de manualidades do Samaín cuns traballos moi ben feitos.


Os gañadores foron:
-Marco de 6º de infantil (Baleas):

-Mouhamed de 3º de primaria.


PARABÉNS AOS GAÑADORES!

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

Houbo unha alta partipación no Concurso de relatos de terror do Samaín.


Gañaron o concurso:

-Categoría A (4º,5º e 6º primaria): Edu Pombo Cousillas (5º primaria).

-Categoría B (1º e 2º ESO): Miriam Insua Silva (2º ESO).

-Categoría C (3º e 4º ESO): Ainara Rodríguez Blanco (3º ESO).



PARABÉNS AO ALUMNADO GAÑADOR!

domingo, 23 de outubro de 2022

LECTURA DE RELATOS DE TERROR

O venres 28 de outubro, no recreo, alumnos e alumnas voluntarios/as van ler relatos de medo de Paula Carballeira na biblioteca.



CONVIDAMOS A TOD@S A VIR ESCOITAR OS CONTOS!



OS NOSOS CONCURSOS DO SAMAÍN

 O EDLG e o Equipo da Biblioteca convocaron varios concursos para celebrar o Samaín. O venres 28 de outubro faranse públicos os nomes dos gañadores ou gañadoras.



xoves, 13 de outubro de 2022

A ORIXE DA NOSA LINGUA


'A orixe da nosa lingua guapa' é un filme da Real Academia Galega baseado nunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey e dirixido por Damián Varela, de miramemira. A escritora asina tamén o guión xunto a Fátima R. Ruibal, profesora de galego e a actriz que lle dá vida a mestra-meiga desta historia que mestura realidade e fantasía.

https://academia.gal/

mércores, 12 de outubro de 2022

XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS

 



O Observatorio do Patrimonio Lúdico, co apoio do Consello da Cultura Galega, ofrécenos unha aplicación sobre os xogos tradicionais (descargable como “xogos tradicionais”), que ten tamén a correspondente versión web; unha ferramenta de interese para o alumnado, para as familias e para o profesorado, que permite incorporar os ancestrais xogos da nosa cultura ao acervo familiar, para consultala con facilidade no interior e no exterior, no rural e no urbano, e que aposta polas tecnoloxías dixitais como canles para preservar, desenvolver e gañar públicos para a cultura e a lingua galegas.
https://www.lingua.gal/

luns, 3 de outubro de 2022

TABOLEIRO "O MES QUE ANDAMOS"

Comezamos o mes de outubro e o EDLG actualiza o taboleiro O MES QUE ANDAMOS.
Dúas alumnas de 4º ESO, membros do EDLG, colaboran na actualización da exposición.

CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS

Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...