BASES: IV CONCURSO DE MICRORRELATOS
domingo, 12 de febreiro de 2023
venres, 3 de febreiro de 2023
CONCURSO "O MES QUE ANDAMOS"
O alumnado gañador do concurso " O mes que andamos" de xaneiro foi:
-Laura Ordóñez Vázquez (1º ESO).
-Lucía Souto Suena (1º ESO).
-Alejandro Vázquez Miñones (1º ESO).
-Celia Vidal López (1º ESO).
xoves, 2 de febreiro de 2023
CONCURSO DE COPLAS SATÍRICAS
As bases do certame están expostas no taboleiro de cada aula.
Pódense presentar ata dúas composicións por persoa. O prazo de entrega remata o mércores 15 de febreiro.
ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!
A CANDELORIA
A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.
Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá.
A voda dos paxariños
A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación!
https://portaldaspalabras.gal
CORREO DO AMOR E DA AMIZADE
luns, 30 de xaneiro de 2023
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz coa actividade "PULSEIRAS POLA PAZ". O alumnado de todas as etapas do centro fixo pulseiras para intercambialas cunha compañeira ou cun compañeiro. Nelas escribiu unha ou varias palabras a prol da paz.
Pulseiras elaboradas polo alumnado de 3º de primaria |
Alumnado de 2º ESO |
Neste día tamén se conmemora o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.
Mahatma Ghandi: "Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño".
domingo, 15 de xaneiro de 2023
xoves, 12 de xaneiro de 2023
SAÍDA DIDÁCTICA A SANTIAGO DE COMPOSTELA
O 10 de xaneiro o alumnado de ESO realizou unha visita didáctica a Santiago de Compostela.
Primeiro, os alumnos e as alumnas visitaron a libraría Couceiro. Alí, unha das donas ensinoulles como se restauran libros antigos.
A seguir, visitaron o Panteón de Galegos Ilustres. Diante da tumba de Rosalía de Castro leron poemas de Cantares gallegos e Follas novas. Ademais, realizaron unha ofrenda floral.
No Museo do Pobo Galego fixeron un xogo.
Por último, visitaron a Cidade da Cultura. Alí, un guía explicoulles como era o lugar e como se construíu.
CALENDARIO CIENTÍFICO ESCOLAR
O calendario científico escolar 2023 é un proxecto do IGM que conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), adscrita ao Ministerio de Ciencia e Innovación.
CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS
Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...
-
CATÁLOGO SOBRE O MAGOSTO E O OUTONO Este traballo foi elaborado grazas á recompilación de cantigas, refráns ... realizada polo alumnado do...
-
O alumnado de 3º de primaria e 2º de ESO participou hoxe no Correlingua 2023, que ten como lema "Na casa, na escola, bota a lingua fóra...
-
As gañadoras do II Concurso de lemas a prol da lingua galega nas dúas categorías da ESO foron: -Categoría D (1º e 2º ESO): Lucía Souto Su...