mércores, 8 de marzo de 2023
xoves, 23 de febreiro de 2023
DÍA DE ROSALÍA
Celebramos o 186 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con flores e poemas.
![]() |
| Alumnado de 1º ESO |
![]() |
| Alumnado 2º ESO |
O alumnado do centro elaborou flores de feltro para lucir o 23 de febreiro en homenaxe a Rosalía de Castro.
Ademais, na ESO repartíronse poemas de Cantares gallegos e Follas novas con códigos QR coas versións musicadas dos textos.
Rosalía é a figura fundacional do sistema literario galego, a primeira autora verdadeiramente relevante e que manifesta unha vontade e unha consciencia claras de escribir en galego. Foi unha pioneira, unha muller combativa e forte, que non temeu empregar os seus versos para denunciar a pobreza, os abusos, a emigración, a situación social das mulleres etc.
Moitos dos seus poemas léronse este Día de Rosalía en todas as etapas educativas do centro.
![]() |
| Alumna de 3º EP |
![]() |
| Alumno de 3º EP |
![]() |
| Alumna de 3º EP |
![]() |
| Alumna de EP |
![]() |
| Cristina (3º ESO) |
![]() |
| Iria (3º ESO) |
![]() |
| Enma (3º ESO) |
![]() |
| Álex (2º ESO) |
![]() |
| Miriam (2º ESO) |
![]() |
| Xabier (2º ESO) |
![]() |
| Adrián (2º ESO) |
![]() |
| Aitana (2º ESO) |
![]() |
| David (2º ESO) |
![]() |
| Elías (2º ESO) |
![]() |
| Alejandro (1º ESO) |
![]() |
| Laura (1º ESO) |
martes, 21 de febreiro de 2023
DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2002 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural.
Para conmemorar este día fixemos uns adhesivos que se repartirán o xoves 23 de febreiro.
venres, 17 de febreiro de 2023
CONCURSO DE COPLAS SATÍRICAS DO ENTROIDO
domingo, 12 de febreiro de 2023
venres, 3 de febreiro de 2023
CONCURSO "O MES QUE ANDAMOS"
O alumnado gañador do concurso " O mes que andamos" de xaneiro foi:
-Laura Ordóñez Vázquez (1º ESO).
-Lucía Souto Suena (1º ESO).
-Alejandro Vázquez Miñones (1º ESO).
-Celia Vidal López (1º ESO).
xoves, 2 de febreiro de 2023
CONCURSO DE COPLAS SATÍRICAS
As bases do certame están expostas no taboleiro de cada aula.
Pódense presentar ata dúas composicións por persoa. O prazo de entrega remata o mércores 15 de febreiro.
ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!
A CANDELORIA
A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.
Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá.
A voda dos paxariños
A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación!
https://portaldaspalabras.gal
CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS
Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...
-
CATÁLOGO SOBRE O MAGOSTO E O OUTONO Este traballo foi elaborado grazas á recompilación de cantigas, refráns ... realizada polo alumnado do...
-
Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...
-
As gañadoras do II Concurso de lemas a prol da lingua galega nas dúas categorías da ESO foron: -Categoría D (1º e 2º ESO): Lucía Souto Su...




%20-%20copia.jpg)



















.jpg)





















