EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA DE LAXE

domingo, 31 de outubro de 2021

CONCURSO "O MES QUE ANDAMOS"

Ainara Rodríguez Blanco (2º ESO) gañou o concurso "O mes que andamos: outubro".

Parabéns!


CONCURSO DE CONXUROS DO SAMAÍN


As alumnas Miriam Insua Silva (1º ESO) e Cristina Santos Facal (2º ESO) foron as gañadoras do Concurso de conxuros do Samaín. 

Parabéns ás dúas!

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

 O venres 29 de outubro o alumnado de 1º ESO e 2º ESO realizou no pavillón a actividade do Samaín: "Rachadura dos medos e conxuros  máxicos". Despois de facer unha breve introdución ao Samaín, varios/as alumnos/as leron poemas de medo e conxuros máxicos para afastar o mal. A seguir, cada alumno/a achegouse á caixa do Samaín e rompeu o papel onde levaba escritos os seus medos. Por último, entregáronse os premios aos mellores conxuros.





DÍA DE NEIRA VILAS

 


O vindeiro 3 de novembro celébrase o Día de Neira Vilas, autor de Memorias dun neno labrego, O cabaliño de buxo ou Cartas a Lelo.

Xosé Neira Vilas naceu o 3 de novembro de 1928 na casa do Romano en Gres(Vila de Cruces), actual sede da Fundación que leva o nome do escritor. Pasou a infancia e a adolescencia no mundo rural, que máis tarde recreará nas súas obras narrativas.

En 1961 publicou Memorias dun neno labrego, a obra máis lida e tamén a máis traducida da literatura galega, con versións en castelán, francés, inglés, alemán ou ruso, entre outros idiomas ata chegar case á vintena.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade decidiu festexar o Día do Lector coincidindo coa data de nacemento de Neira Vilas.

CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS

Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...