EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA DE LAXE

venres, 29 de abril de 2022

INTERCAMBIO CULTURAL

Xa chegaron as cartas das alumnas e dos alumnos do PROGRAMA DE GALEGO do IES Virgen de la Encina de Ponferrada. Foron rebibidas con moita ledicia. Agora tócanos escribir de novo a nós. 



xoves, 28 de abril de 2022

XIANA TREBOLIÑO

 

Aventura gráfica en vídeo que discorre ao longo do Camiño Inglés. Nela, o personaxe de Xiana Treboliño irá pasando por algúns dos puntos máis emblemáticos desta vía xacobea, onde, para seguir avanzando, deberá resolver enigmas sobre temas culturais, patrimoniais ou de costumes relacionados co lugar. Para superar os retos, nalgúns casos, deberá manexar diversas tecnoloxías como a programación, a robótica, o deseño e a impresión 3D ou a realidade aumentada.

A proposta combina características dunha aventura gráfica e dunha sala de fuxida dixital. Está dirixida á mocidade, ás familias e á contorna educativa.

https://www.lingua.gal/

CONCURSO "O MES QUE ANDAMOS"

 A gañadora do mes de marzo foi Enma de 2º ESO.


                                                         PARABÉNS!

sábado, 23 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

O alumnado de ESO elaborou un mural e fixo varios vídeos para fomentar a lectura de libros en lingua galega.


                                                                       VÍDEO 1º ESO


VÍDEO 2º ESO



VÍDEO 3º ESO


VÍDEO 4º ESO



Alumnado participante nos vídeos:
1º ESO: Miriam, Xabier, Aitana, Antía e Alejandra.
2º ESO: Enma, Iria e Sara.
3º ESO: Saskia, Miguel, Yeray, Blanca, Nacho e Nerea.
4º ESO: Pablo, Rosa, Carolina e Samuel.

martes, 12 de abril de 2022

CONCURSO "O MES QUE ANDAMOS"

Santiago González Patiño de 4º ESO foi o gañador do concurso O mes que andamos: febreiro.
 
    PARABÉNS!

xoves, 24 de marzo de 2022

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL

Comezamos o intercambio lingüístico-cultural co alumnado da ESO do PROGRAMA DE GALEGO do IES Virgen de la Encina de Ponferrada co primeiro envío de cartas.
AGARDAMOS A RESPOSTA DO ALUMNADO BERCIANO!

luns, 21 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

Hoxe celebramos o Día Internacional da Poesía cunha lectura de poemas en galego de autores/as como Celso Emilio Ferreiro, Dores Tembrás, Carlos Negro, Manuel María, Ana Romaní, Álvaro Cunqueiro, Marta Dacosta, Marica Campo, Lois Pereiro... Cada alumno/a recibiu un poema que leu na clase de lingua.
"Como forma de expresión íntima que permite abrirse aos demais, a poesía enriquece o diálogo que cataliza todo progreso humano e é máis necesaria que nunca en tempos turbulentos." Mensaxe da Sra. Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial da Poesía 2022

xoves, 10 de marzo de 2022

CONCURSO DE NOVOS TALENTOS DE RELATO CURTO EN GALEGO

Hoxe Aliena, Enma, Ainara e Cristina de 2º ESO participaron na XIII Edición do Concurso Coca Cola Novos Talentos de Relato Curto.
MOITA SORTE ÁS CATRO ALUMNAS!

martes, 8 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 



O alumnado da ESO elaborou este mural para facer unha homenaxe ás mulleres de Laxe e a todas as mulleres bergantiñás. 

CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS

Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...