O luns 30 de maio estivo no noso centro Héctor Cajaraville para falar da súa obra ao alumnado de 3º ESO e 4º ESO. Grazas á editorial Xerais por ofrecernos este encontro e grazas a Héctor pola interesante charla!
luns, 30 de maio de 2022
VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE
O luns 30 de maio estivo no noso centro Héctor Cajaraville para falar da súa obra ao alumnado de 3º ESO e 4º ESO. Grazas á editorial Xerais por ofrecernos este encontro e grazas a Héctor pola interesante charla!
domingo, 29 de maio de 2022
CONCURSO "O MES QUE ANDAMOS": ABRIL E MAIO
Saray de 3º ESO foi a gañadora do concurso "O mes que andamos" do mes de abril.
Enma de 2º ESO foi a gañadora deste concurso no mes de maio.
PARABÉNS!
martes, 17 de maio de 2022
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
En pé, barudos mozos da aldea,
xa nace o sol da nosa liberdade;
en pé, rapaces, que xa alumea
a luz esgrevia da nova idade.
Valentes mozos galegos
xa é hora d’espertar,
de ouvir da terriña os pregos
e de por ela loitar…
sábado, 14 de maio de 2022
INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL
venres, 13 de maio de 2022
HOMENAXE A FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
Aitor, Sergio, Brais, Iria, Ainara e Iria de 2º ESO leron poemas de Cantarenas.
O alumnado de 3º ESO interpretou "Santo Andrés casamenteiro".
Miguel, Bruno, Nacho, Roi, Leo e Nerea de 3º ESO leron poemas de Galicia infinda.
venres, 29 de abril de 2022
INTERCAMBIO CULTURAL
Xa chegaron as cartas das alumnas e dos alumnos do PROGRAMA DE GALEGO do IES Virgen de la Encina de Ponferrada. Foron rebibidas con moita ledicia. Agora tócanos escribir de novo a nós.
xoves, 28 de abril de 2022
XIANA TREBOLIÑO
Aventura gráfica en vídeo que discorre ao longo do Camiño Inglés. Nela, o personaxe de Xiana Treboliño irá pasando por algúns dos puntos máis emblemáticos desta vía xacobea, onde, para seguir avanzando, deberá resolver enigmas sobre temas culturais, patrimoniais ou de costumes relacionados co lugar. Para superar os retos, nalgúns casos, deberá manexar diversas tecnoloxías como a programación, a robótica, o deseño e a impresión 3D ou a realidade aumentada.
A proposta combina características dunha aventura gráfica e dunha sala de fuxida dixital. Está dirixida á mocidade, ás familias e á contorna educativa.
https://www.lingua.gal/
sábado, 23 de abril de 2022
DÍA DO LIBRO
martes, 12 de abril de 2022
CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS
Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...
-
CATÁLOGO SOBRE O MAGOSTO E O OUTONO Este traballo foi elaborado grazas á recompilación de cantigas, refráns ... realizada polo alumnado do...
-
O alumnado de 3º de primaria e 2º de ESO participou hoxe no Correlingua 2023, que ten como lema "Na casa, na escola, bota a lingua fóra...
-
As gañadoras do II Concurso de lemas a prol da lingua galega nas dúas categorías da ESO foron: -Categoría D (1º e 2º ESO): Lucía Souto Su...