EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA DE LAXE

xoves, 23 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA

Celebramos o 186 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con flores e poemas.

Alumnado de 1º ESO

Alumnado 2º ESO

O alumnado do centro elaborou flores de feltro para lucir o 23 de febreiro en homenaxe a Rosalía de Castro. 

Ademais, na ESO repartíronse poemas de Cantares gallegos e Follas novas con códigos QR coas versións musicadas dos textos.

Rosalía é a figura fundacional do sistema literario galego, a primeira autora verdadeiramente relevante e que manifesta unha vontade e unha consciencia claras de escribir en galego. Foi unha pioneira, unha muller combativa e forte, que non temeu empregar os seus versos para denunciar a pobreza, os abusos, a emigración, a situación social das mulleres etc. 

Moitos dos seus poemas léronse este Día de Rosalía en todas as etapas educativas do centro.

Alumna de 3º EP

Alumno de 3º EP

Alumna de 3º EP

Alumna de EP

Cristina (3º ESO)

Iria (3º ESO)

Enma (3º ESO)


Álex (2º ESO)

Miriam (2º ESO)


Xabier (2º ESO)

Adrián (2º ESO)

Aitana (2º ESO)

David (2º ESO)

Elías (2º ESO)


Alejandro (1º ESO)

Laura (1º ESO)

Celia (1º ESO)

Lucía (1º ESO)

Ainara (1º ESO)

Sara (1º ESO)


Enrique (1º ESO)

Mateo (1º ESO)

Roberto (1º ESO)

Brais (3º ESO)

Sergio (3º ESO)

Saskia (4º ESO)

Miguel, Roi, Bruno e Nerea (4º ESO)


martes, 21 de febreiro de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2002 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural.

Para conmemorar este día fixemos uns adhesivos que se repartirán o xoves 23 de febreiro.



venres, 17 de febreiro de 2023

CONCURSO DE COPLAS SATÍRICAS DO ENTROIDO

 As gañadoras do I Concurso de coplas satíricas do Entroido foron:

CATEGORÍA A: Nazaret  Álvarez Fernández (2º ESO)

CATEGORÍA B: Cristina Santos Facal (3º ESO)

Cristina (3º ESO)

Nazaret (2º ESO)


ENTROIDO

O alumnado de ESO foi guiado e cumpriu cos mandados do Meco os cinco días da semana do Entroido.










venres, 3 de febreiro de 2023

CONCURSO "O MES QUE ANDAMOS"

 O alumnado gañador do concurso " O mes que andamos" de xaneiro foi:

-Laura Ordóñez Vázquez (1º ESO).

-Lucía Souto Suena (1º ESO).

-Alejandro Vázquez Miñones (1º ESO).

-Celia Vidal López (1º ESO).






xoves, 2 de febreiro de 2023

CONCURSO DE COPLAS SATÍRICAS

 

O alumnado de ESO foi informado esta semana das bases do I Concurso de coplas satíricas, convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo da Biblioteca.

As bases do certame están expostas no taboleiro de cada aula.

Pódense presentar ata dúas composicións por persoa. O prazo de entrega remata o mércores 15 de febreiro.

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!

A CANDELORIA

candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.

Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá.

A voda dos paxariños

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación!

https://portaldaspalabras.gal



CORREO DO AMOR E DA AMIZADE

Durante a última semana de xaneiro o EDLG e o Equipo da biblioteca expuxeron unha selección de poemas de amor e amizade nun recuncho da biblioteca, xunto á caixa do correo do amor.
Os alumnos e alumnas da ESO puideron ler os poemas e elixir un para enviárllelo a outros/as compañeiros/as.

Iria e Enma, alumnas de 3º ESO, foron as encargadas de repartir os sobres cos poemas o día da Candeloria, o 2 de febreiro.


CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS

Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...