EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA DE LAXE

luns, 22 de maio de 2023

CHARLA DAS REDEIRAS DA ASOCIACIÓN ILLA DA ESTRELA DE CORME



O luns 22 de maio dúas redeiras, Rosa e Isabel, da Asociación Illa da Estrela de Corme visitaron o centro para dar varias charlas sobre o seu oficio tradicional ao alumnado de educación infantil e educación primaria. Ademais, faláronlles aos nenos e ás nenas de reciclaxe e explicáronlles que tipo de produtos artesáns elaboran (bolsos, colares...).


sábado, 20 de maio de 2023

II CONCURSO DE LEMAS A PROL DA LINGUA GALEGA

As gañadoras do II Concurso de lemas a prol da lingua galega nas dúas categorías da ESO foron:

   -Categoría D (1º e 2º ESO): Lucía Souto Suena (1º ESO).

   -Categoría E (3º e 4º ESO): Blanca Charlín Quintela (4º ESO).

Os diplomas e premios entregáronse no acto de conmemoración do Día das Letras Galegas.

                                                                 

 PARABÉNS!

ACTO DE CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O alumnado de ESO celebrou o Día das Letras Galegas o venres 19 de maio. No acto fíxoselle unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego, mais tamén se conmemorou o 60 aniversario do Día das Letras Galegas, lendo poemas doutros/as escritores/as aos/ás que se lles dedicou este día anteriormente. Asemade, o alumnado da materia de Música interpretou varias pezas musicais, entre estas, o himno de Galicia.


Presentaron o acto Blanca e Saskia de 4º ESO.

Nerea e Aroa de 4º ESO leron unha breve biografía de Francisco Fernández del Riego.

A seguir, Miguel e Bruno (4º ESO) leron varios textos do autor homenaxeado.

Lucía, Ainara, Celia, Alejandro, Laura, Mateo e Hugo, alumnos e alumnas de 1º ESO, leron textos de Rosalía de Castro, Castelao e Eduardo Pondal. 


Os alumnos e as alumnas de 2º ESO e 4º ESO interpretaron a peza "Io caidí".

Antía, Irene, Xiana, Aitana, Elías, Adrián, Alejandra, Nazaret, Miriam e Aroa de 2º ESO leron poemas de Manuel Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Manuel Antonio, Luís Amado Carballo, Aquilino Iglesia Alvariño, Ramón Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro e Luís Pimentel.




Os alumnos e as alumnas de 3º ESO, coa axuda dos compañeiros e compañeiras de 4º ESO, interpretaron unha versión da peza "O meu caldo".

Enma, Iria, Ainara, Aitor, Darío, Sergio e Brais de 3º ESO leron poemas de Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor, Martín Códax, Lorenzo Varela, María Mariño e Xosé María Álvarez Blázquez.


Leo, Miguel, Marcos, Bruno,Blanca, Saskia, Nerea e Aroa de 4º ESO leron poemas de Uxío Novoneyra, Manuel María, Carlos Casares, Xela Arias e Florencio Delgado Gurriarán.


Xeima e Nerea, membros do EDLG, entregaron os premios do II concurso de lemas a prol da lingua galega ás gañadoras: Lucía (1º ESO) e Blanca (4º ESO).



Por último, todo o alumnado da materia de Música interpretou o noso himno.



CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS

Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...