O alumnado de ESO celebrou o Día das Letras Galegas o venres 19 de maio. No acto fíxoselle unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego, mais tamén se conmemorou o 60 aniversario do Día das Letras Galegas, lendo poemas doutros/as escritores/as aos/ás que se lles dedicou este día anteriormente. Asemade, o alumnado da materia de Música interpretou varias pezas musicais, entre estas, o himno de Galicia.
Presentaron o acto Blanca e Saskia de 4º ESO.
Nerea e Aroa de 4º ESO leron unha breve biografía de Francisco Fernández del Riego.
A seguir, Miguel e Bruno (4º ESO) leron varios textos do autor homenaxeado.
Lucía, Ainara, Celia, Alejandro, Laura, Mateo e Hugo, alumnos e alumnas de 1º ESO, leron textos de Rosalía de Castro, Castelao e Eduardo Pondal.
Os alumnos e as alumnas de 2º ESO e 4º ESO interpretaron a peza "Io caidí".
Antía, Irene, Xiana, Aitana, Elías, Adrián,
Alejandra, Nazaret, Miriam e Aroa de 2º ESO leron poemas de Manuel Curros Enríquez, Ramón
Cabanillas, Manuel Antonio, Luís Amado Carballo, Aquilino Iglesia Alvariño, Ramón Otero Pedrayo,
Celso Emilio Ferreiro e Luís Pimentel.
Os alumnos e as alumnas de 3º ESO, coa axuda dos compañeiros e compañeiras de 4º ESO, interpretaron unha versión da peza "O meu caldo".
Enma, Iria, Ainara, Aitor, Darío, Sergio e Brais de 3º ESO leron poemas de Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor, Martín Códax, Lorenzo Varela, María
Mariño e Xosé María Álvarez Blázquez.
Leo, Miguel, Marcos, Bruno,Blanca, Saskia, Nerea e Aroa de 4º ESO leron poemas de Uxío Novoneyra, Manuel María, Carlos Casares, Xela Arias e
Florencio Delgado Gurriarán.
Xeima e Nerea, membros do EDLG, entregaron os premios do II concurso de lemas a prol
da lingua galega ás gañadoras: Lucía (1º ESO) e Blanca (4º ESO).
Por último, todo o alumnado da materia de Música interpretou o noso himno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.