EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA DE LAXE

domingo, 30 de xaneiro de 2022

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 

As alumnas e os alumnos de ESO, coas súas mensaxes a prol da paz, axudaron a crear este mural para conmemorar o Día Escolar da Paz e a non Violencia.

martes, 18 de xaneiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO: 23 DE FEBREIRO

O Día de Rosalía de Castro pasará a celebrarse o 23 de febreiro, auténtica data de nacemento da poeta. 

A Fundación Rosalía de Castro convocou hoxe unha xuntanza entre representantes de entidades culturais e de distintas administracións para mudar a data de celebración do día da poetisa galega ao 23 de febreiro. Este cambio prodúcese despois de que a investigadora galega Sagrario Abelleira revelase o pasado ano nova documentación que acredita a data de nacemento real nese día, dando a coñecer ademais datos inéditos sobre a vida de Rosalía e da do seu home, Manuel Murguía.

https://www.lingua.gal/


CALENDARIO CIENTÍFICO ESCOLAR

Xa se pode descargar o Calendario Científico Escolar en lingua galega, que todos os anos realiza o Consello Superior de Investigacións Científicas, a Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña.


Pódese descargar neste enlace: https://digital.csic.es/handle/10261/256425

domingo, 16 de xaneiro de 2022

LEXISLACIÓN LINGÜÍSTICA


EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
 
                                                          EDUCACIÓN PRIMARIA

FACEBOOK DO EDLG

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPIP Cabo da Area xa ten conta de Facebook.



martes, 4 de xaneiro de 2022

2022: ANO DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN


Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu en Córgomo de Valdeorras o día 27 de agosto de 1903. Era o menor de cinco irmáns. Viviu en Córgomo ata os seis anos en que marcha a Ourense e ós dez a Palencia. Nesta última cidade estudou o bacharelato e a carreira de Dereito en Valladolid.

No ano 1928 volveu vivir a Córgomo, comezando a traballar como pasante no bufete do avogado Segudo Trincado. Da personalidade de Florencio, do seu compromiso coa súa terra, fala o feito de que se integrase plenamente cando regresou á súa aldea, e iso que levaba case toda a vida fóra. É un aspecto que salienta Ricardo Gurriarán no seu libro Florencio Delgado Gurriarán (Ediciós do Castro, Sada, 1999). Florencio participaba en tódalas actividades que se organizaban na aldea (de moitas delas era el o organizador). Gustáballe a música e posuía unha voz que destacaba en tódalas festas e esmorgas que facían os mozos de Córgomo, e iso que este lugar sempre gozou dunha merecida fama de bos cantantes.

O compromiso e apego á súa terra levouno a vincularse ás Irmandades da Fala, ó Partido Galeguista e ó Partido Nacionalista Republicano de Ourense. Coa Guerra Civil tivo que exiliarse en México en 1939, tras pasar antes por Portugal e Francia.

En México dirixe as revistas "Saudade" e "Vieiros"(1959).

Volveu a Galicia en 1968, 1976 e en 1981(para ser pregoeiro das festas do Cristo, tomar posesión como Membro de Mérito do IEV). Estas visitas nunca foron definitivas xa que sempre terminaba regresando a México.

O día 14 de maio de 1987, cando tiña 84 anos, morría en California. As súas cinzas foron trasladadas ó seu Córgomo natal.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35457

CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS

Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...