O alumnado de ESO celebrou o Día das Letras Galegas o venres 19 de maio. No acto fíxoselle unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego, mais tamén se conmemorou o 60 aniversario do Día das Letras Galegas, lendo poemas doutros/as escritores/as aos/ás que se lles dedicou este día anteriormente. Asemade, o alumnado da materia de Música interpretou varias pezas musicais, entre estas, o himno de Galicia.
sábado, 20 de maio de 2023
ACTO DE CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN EDUCACIÓN PRIMARIA
mércores, 17 de maio de 2023
venres, 12 de maio de 2023
EXPOSICIÓNS SOBRE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Expuxéronse nos dous edificios do centro os carteis que enviou a Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre a vida e a obra de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas en 2023.
CONCURSO "O MES QUE ANDAMOS": ABRIL
A alumna gañadora do concurso " O mes que andamos" de abril foi:
ENMA LOBELOS LEMA (3º ESO)
venres, 5 de maio de 2023
CORRELINGUA 2023
O alumnado de 3º de primaria e 2º de ESO participou hoxe no Correlingua 2023, que ten como lema "Na casa, na escola, bota a lingua fóra".
A andaina comezou diante do pavillón polideportivo de Riazor e rematou onda a Torre de Hércules. Alí, leuse un manifesto a prol da lingua galega e entregouse o premio á mellor pancarta. Ademais, o alumnado puido gozar da actuación do grupo Cuarta Xusta.
luns, 1 de maio de 2023
domingo, 23 de abril de 2023
DÍA DO LIBRO 2023
Para celebrar o Día Internacional do Libro, o EDLG deseñou un cartel no que se promociona a lectura en lingua galega.
O traballo pódese ver no seguinte enlace:
ALUMNADO PARTICIPANTE
1º ESO
Ainara Cundíns Pérez
Sara Devesa Cabrejo
Roberto Márquez Baneira
Laura Órdoñez Vázquez
Lucía Souto Suena
Mateo Toja Gómez
Alejandro Vázquez Miñones
2º ESO
Nazaret Álvarez Fernández
Xabier Gómez Romero
Miriam Insua Silva
Álex Pose Abelenda
Noa Romero Cousillas
Xiana Sueiro Eiroa
3º ESO
Sara Bello Agra
Iria Costa Dourado
Enma Lobelos Lema
Ainara Rodríguez Blanco
Cristina Santos Facal
4º ESO
Mireya Carballo Senande
Blanca Charlín Quintela
Xeima Manmina Suárez
Nerea Pombo Cousillas
Saskia Rodríguez Fidalgo
Marcos Suárez Toja
Algúns grupos de primaria elaboraron colgadores para as portas para conmemorar o Día do Libro.
Colgadores de 3º de primaria |
Ademais, os nenos e as nenas recomendaron lecturas en galego aos seus compañeiros e compañeiras.
Alumno de 3º de primaria |
Alumna de 3º de primaria |
Alumna de 3º de primaria |
Alumna de 3º de primaria |
CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS
Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...
-
CATÁLOGO SOBRE O MAGOSTO E O OUTONO Este traballo foi elaborado grazas á recompilación de cantigas, refráns ... realizada polo alumnado do...
-
O alumnado de 3º de primaria e 2º de ESO participou hoxe no Correlingua 2023, que ten como lema "Na casa, na escola, bota a lingua fóra...
-
As gañadoras do II Concurso de lemas a prol da lingua galega nas dúas categorías da ESO foron: -Categoría D (1º e 2º ESO): Lucía Souto Su...