EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA DE LAXE

xoves, 24 de febreiro de 2022

mércores, 23 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA

Debuxo feito pola artista Cristina Castro para o Departamento de Lingua Galega e Literatura e o EDLG

Hoxe fanse 185 anos do nacemento de Rosalía de Castro, autora de obras tan importantes para a nosa literatura como Cantares gallegos ou Follas novas.
O alumnado de ESO quixo lembrar a Rosalía con flores de feltro e unha lectura dos seus poemas.
























MANDADOS DO MECO: MARTES E MÉRCORES

O alumnado de ESO tamén obedeceu os mandados do Meco o martes e o mércores; por iso este día os rapaces e rapazas trouxeron algo no pescozo e na cintura.









luns, 21 de febreiro de 2022

MANDADOS DO MECO: LUNS





 O alumnado de ESO cumpriu co primeiro mandado do Meco e apandou con algo na cabeza.

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA


 O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2002 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. 

A lingua materna é aquela en que os nenos e as nenas aprenden a falar e a relacionarse co seu contorno máis próximo. A UNESCO quere impulsar o coñecemento e a práctica das linguas maternas de menos falantes tamén na escola, nos medios de comunicación, na internet... fóra dos ámbitos en que moitas delas quedan recluídas. O Día Internacional da Lingua Materna estableceuse para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e da función vital que desempeñan no desenvolvemento, ao garantir a diversidade e o diálogo intercultural, así como o fortalecemento da cooperación e a consecución da educación de calidade para todos, a construción de sociedades do coñecemento integradoras e a preservación do patrimonio cultural.

A UNESCO lémbranos que «os idiomas, coa súa complexa imbricación coa identidade, a comunicación, a integración social, a educación e o desenvolvemento, son factores de importancia estratéxica para as persoas e para todo o planeta. Con todo, a causa dos procesos de globalización, pesa sobre as linguas unha ameaza cada vez maior de extinguirse (...). Coa extinción dos idiomas mingua tamén a rica urda da diversidade cultural. Pérdense posibilidades, tradicións, lembranzas, modalidades únicas de pensamento e de expresión; recursos valiosos e necesarios para lograr un futuro mellor. (...) Afortunadamente, e grazas a que se asumiu a importancia que teñen estas linguas, alcanzáronse logros en materia de educación plurilingüe baseada na lingua materna, en particular na educación primaria. Así mesmo, hai un compromiso cada vez maior para que se desenvolvan na vida pública. As sociedades multilingües e multiculturais existen a través das súas linguas, que transmiten e preservan os coñecementos e as culturas tradicionais de maneira sostible. Por iso, debemos coidar de todas as linguas”.

https://www.lingua.gal/

sábado, 12 de febreiro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: 11 DE FEBREIRO

En 2016 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia coa finalidade de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais acadar a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas.
Malia que, nos últimos anos, a comunidade internacional promoveu a participación das mulleres e das nenas na ciencia, estas seguen atopando obstáculos para desenvolverse no campo da ciencia.
Recomendamos ler a seguinte publicación do Portal da Palabras:

MULLERES SABIAS DA TERRA



domingo, 30 de xaneiro de 2022

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 

As alumnas e os alumnos de ESO, coas súas mensaxes a prol da paz, axudaron a crear este mural para conmemorar o Día Escolar da Paz e a non Violencia.

martes, 18 de xaneiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO: 23 DE FEBREIRO

O Día de Rosalía de Castro pasará a celebrarse o 23 de febreiro, auténtica data de nacemento da poeta. 

A Fundación Rosalía de Castro convocou hoxe unha xuntanza entre representantes de entidades culturais e de distintas administracións para mudar a data de celebración do día da poetisa galega ao 23 de febreiro. Este cambio prodúcese despois de que a investigadora galega Sagrario Abelleira revelase o pasado ano nova documentación que acredita a data de nacemento real nese día, dando a coñecer ademais datos inéditos sobre a vida de Rosalía e da do seu home, Manuel Murguía.

https://www.lingua.gal/


CALENDARIO CIENTÍFICO ESCOLAR

Xa se pode descargar o Calendario Científico Escolar en lingua galega, que todos os anos realiza o Consello Superior de Investigacións Científicas, a Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña.


Pódese descargar neste enlace: https://digital.csic.es/handle/10261/256425

CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS

Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...