O luns 22 de maio dúas redeiras, Rosa e Isabel, da Asociación Illa da Estrela de Corme visitaron o centro para dar varias charlas sobre o seu oficio tradicional ao alumnado de educación infantil e educación primaria. Ademais, faláronlles aos nenos e ás nenas de reciclaxe e explicáronlles que tipo de produtos artesáns elaboran (bolsos, colares...).
luns, 22 de maio de 2023
sábado, 20 de maio de 2023
II CONCURSO DE LEMAS A PROL DA LINGUA GALEGA
As gañadoras do II Concurso de lemas a prol da lingua galega nas dúas categorías da ESO foron:
-Categoría D (1º e 2º ESO): Lucía Souto Suena (1º ESO).
-Categoría E (3º e 4º ESO): Blanca Charlín Quintela (4º ESO).
Os diplomas e premios entregáronse no acto de conmemoración do Día das Letras Galegas.
ACTO DE CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O alumnado de ESO celebrou o Día das Letras Galegas o venres 19 de maio. No acto fíxoselle unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego, mais tamén se conmemorou o 60 aniversario do Día das Letras Galegas, lendo poemas doutros/as escritores/as aos/ás que se lles dedicou este día anteriormente. Asemade, o alumnado da materia de Música interpretou varias pezas musicais, entre estas, o himno de Galicia.
CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN EDUCACIÓN PRIMARIA
mércores, 17 de maio de 2023
venres, 12 de maio de 2023
EXPOSICIÓNS SOBRE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Expuxéronse nos dous edificios do centro os carteis que enviou a Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre a vida e a obra de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas en 2023.
CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS
Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...
-
CATÁLOGO SOBRE O MAGOSTO E O OUTONO Este traballo foi elaborado grazas á recompilación de cantigas, refráns ... realizada polo alumnado do...
-
O alumnado de 3º de primaria e 2º de ESO participou hoxe no Correlingua 2023, que ten como lema "Na casa, na escola, bota a lingua fóra...
-
As gañadoras do II Concurso de lemas a prol da lingua galega nas dúas categorías da ESO foron: -Categoría D (1º e 2º ESO): Lucía Souto Su...