EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA DE LAXE

luns, 27 de decembro de 2021

PALABRA DO ANO 2021: TANXUGUEIRAS

A palabra tanxugueiras acaba de converterse na Palabra do Ano 2021, tras se facer coa maioría dos votos das persoas que participaron na elección promovida polo Portal das Palabras, web para a difusión do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié.

Esta palabra gañou popularidade nos últimos meses da man da banda de Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, un referente dos novos camiños que está a abrir, con grande éxito, a música tradicional galega.

Tanxugueiras é, en realidade, o plural dun microtopónimo, que elevado á Palabra do Ano se converte tamén nunha icona da gran riqueza da lingua galega como produtora de nomes de lugar que conforman un patrimonio inmaterial único no mundo.

O topónimo Tanxugueira popularizado pola banda musical designa unhas terras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós (Ourense), situadas nun alto e abeiradas

O vocábulo é unha alteración da forma etimolóxica Teixugueira, un zootopónimo común no país que sinala os sitios onde hai presenza ou abundancia de teixugos ou porco teixos, un tipo de mamífero de vida nocturna que se alimenta de bichocas, landras e plantas coma a do millo, polo que nalgúns lugares de Galicia se tocaba o corno polas noites para espantalo. Esta voz popular remite probablemente ao latín taxo, taxonis, o nome latino que recibía o ‘teixugo’, aínda que podería vir tamén dunha suposta forma xermánica *thahsus ou do gótico *thahsuks.

https://portaldaspalabras.gal/tanxugueiras-palabra-do-ano-2021/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS

Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...