Cada ano, o consello executivo de ITI escolle un personalidade para escribir a mensaxe deste día. En 2023 elixiron a actriz exipcia Samiha Ayoub:
"O que facemos no mundo do teatro como dramaturgos, directores, actores, escenógrafos, poetas, músicos, coreógrafos e técnicos, todos nós sen excepción, é un acto de creación de vida que non existía antes de subir ao escenario. Esta vida merece unha man agarimosa que a sosteña, un peito amoroso que a abrace, un corazón bondadoso que a simpatice e unha mente sobria que lle proporcione as razóns que necesita para continuar e sobrevivir".
DÍA EUROPEO DOS ESCRITORES E DAS ESCRITORAS |
A Comisión Europea anunciou unha nova iniciativa: o Día Europeo dos Escritores e das Escritoras. O obxectivo é promover a lectura entre as persoas mozas e dar a coñecer a riqueza cultural e lingüística europea. Este día celebrarase a partir de 2023 cada 27 de marzo.