EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA DE LAXE

luns, 27 de marzo de 2023

DÍA MUNDIAL DO TEATRO E DÍA EUROPEO DOS ESCRITORES E DAS ESCRITORAS


O Día Mundial do Teatro creouno no ano 1961 o Instituto Internacional do Teatro da Unesco e celébrase en todo o mundo dende o 27 de marzo de 1962, data de apertura en París do “Teatro das Nacións”.

Cada ano, o consello executivo de ITI escolle un personalidade para escribir a mensaxe deste día. En 2023 elixiron a actriz exipcia Samiha Ayoub:

"O que facemos no mundo do teatro como dramaturgos, directores, actores, escenógrafos, poetas, músicos, coreógrafos e técnicos, todos nós sen excepción, é un acto de creación de vida que non existía antes de subir ao escenario. Esta vida merece unha man  agarimosa que a sosteña, un peito amoroso que a abrace, un corazón bondadoso que a simpatice e unha mente sobria que lle proporcione as razóns que necesita para continuar e sobrevivir".



DÍA EUROPEO DOS ESCRITORES E DAS ESCRITORAS

A Comisión Europea anunciou unha nova iniciativa: o Día Europeo dos Escritores e das Escritoras. O obxectivo é promover a lectura entre as persoas mozas e dar a coñecer a riqueza cultural e lingüística europea. Este día celebrarase a partir de 2023 cada 27 de marzo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS

Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...