EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA DE LAXE

sábado, 1 de abril de 2023

DÍA DAS ARTES GALEGAS

A Real Academia Galega das Belas Artes conmemora cada 1 de abril, dende 2015, o Día das Artes Galegas. En 2023 homenaxéase a Martín Códax.

Martín Codax foi un xograr galego, probablemente da zona de Vigo, que viviu entre a segunda metade do século XIII e comezos do século XIV. Del consérvanse sete composicións que están recollidas nos cancioneiros da lírica galego-portuguesa e tamén no Pergamiño Vindel. Neste pergamiño gárdase a notación musical das cantigas.


Alumnos/as voluntarios/as de 3º ESO e 4º ESO do CPI Cabo da Area, do IES de Arzúa e do IES Virgen de la Encina de Ponferrada fixeron este traballo para homenaxear a Martín Códax.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS

Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...