A
palabra tanxugueiras acaba de converterse na Palabra do Ano
2021, tras se facer coa maioría dos votos das persoas que
participaron na elección promovida polo Portal das Palabras, web
para a difusión do léxico galego da Real Academia Galega e a
Fundación Barrié.
Esta
palabra gañou popularidade nos últimos meses da man da banda de
Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, un referente dos novos
camiños que está a abrir, con grande éxito, a música tradicional
galega.
Tanxugueiras
é, en realidade, o plural dun microtopónimo, que elevado á Palabra
do Ano se converte tamén nunha icona da gran riqueza da lingua
galega como produtora de nomes de lugar que conforman un patrimonio
inmaterial único no mundo.
O
topónimo Tanxugueira popularizado pola banda musical designa unhas
terras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós (Ourense),
situadas nun alto e abeiradas
O
vocábulo é unha alteración da forma etimolóxica Teixugueira, un
zootopónimo común no país que sinala os sitios onde hai presenza
ou abundancia de teixugos ou porco teixos, un tipo de mamífero de
vida nocturna que se alimenta de bichocas, landras e plantas coma a
do millo, polo que nalgúns lugares de Galicia se tocaba o corno
polas noites para espantalo. Esta voz popular remite probablemente ao
latín taxo, taxonis, o nome latino que recibía o ‘teixugo’,
aínda que podería vir tamén dunha suposta forma xermánica
*thahsus ou do gótico *thahsuks.
https://portaldaspalabras.gal/tanxugueiras-palabra-do-ano-2021/