domingo, 30 de xaneiro de 2022
DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA
martes, 18 de xaneiro de 2022
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO: 23 DE FEBREIRO
O Día de Rosalía de Castro pasará a celebrarse o 23 de febreiro, auténtica data de nacemento da poeta.
A Fundación Rosalía de Castro convocou hoxe unha xuntanza entre representantes de entidades culturais e de distintas administracións para mudar a data de celebración do día da poetisa galega ao 23 de febreiro. Este cambio prodúcese despois de que a investigadora galega Sagrario Abelleira revelase o pasado ano nova documentación que acredita a data de nacemento real nese día, dando a coñecer ademais datos inéditos sobre a vida de Rosalía e da do seu home, Manuel Murguía.
CALENDARIO CIENTÍFICO ESCOLAR
Xa se pode descargar o Calendario Científico Escolar en lingua galega, que todos os anos realiza o Consello Superior de Investigacións Científicas, a Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña.
domingo, 16 de xaneiro de 2022
martes, 4 de xaneiro de 2022
2022: ANO DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
O compromiso e apego á súa terra levouno a vincularse ás Irmandades da Fala, ó Partido Galeguista e ó Partido Nacionalista Republicano de Ourense. Coa Guerra Civil tivo que exiliarse en México en 1939, tras pasar antes por Portugal e Francia.
En México dirixe as revistas "Saudade" e "Vieiros"(1959).
Volveu a Galicia en 1968, 1976 e en 1981(para ser pregoeiro das festas do Cristo, tomar posesión como Membro de Mérito do IEV). Estas visitas nunca foron definitivas xa que sempre terminaba regresando a México.
O día 14 de maio de 1987, cando tiña 84 anos, morría en California. As súas cinzas foron trasladadas ó seu Córgomo natal.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35457
luns, 27 de decembro de 2021
PALABRA DO ANO 2021: TANXUGUEIRAS
A palabra tanxugueiras acaba de converterse na Palabra do Ano 2021, tras se facer coa maioría dos votos das persoas que participaron na elección promovida polo Portal das Palabras, web para a difusión do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié.
Esta palabra gañou popularidade nos últimos meses da man da banda de Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, un referente dos novos camiños que está a abrir, con grande éxito, a música tradicional galega.
Tanxugueiras é, en realidade, o plural dun microtopónimo, que elevado á Palabra do Ano se converte tamén nunha icona da gran riqueza da lingua galega como produtora de nomes de lugar que conforman un patrimonio inmaterial único no mundo.
O topónimo Tanxugueira popularizado pola banda musical designa unhas terras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós (Ourense), situadas nun alto e abeiradas
O vocábulo é unha alteración da forma etimolóxica Teixugueira, un zootopónimo común no país que sinala os sitios onde hai presenza ou abundancia de teixugos ou porco teixos, un tipo de mamífero de vida nocturna que se alimenta de bichocas, landras e plantas coma a do millo, polo que nalgúns lugares de Galicia se tocaba o corno polas noites para espantalo. Esta voz popular remite probablemente ao latín taxo, taxonis, o nome latino que recibía o ‘teixugo’, aínda que podería vir tamén dunha suposta forma xermánica *thahsus ou do gótico *thahsuks.
https://portaldaspalabras.gal/tanxugueiras-palabra-do-ano-2021/
CONCURSO DE CARTAS AO APALPADOR
As gañadoras do Concurso de cartas ao Apalpador son:
CATEGORÍA A: Carlota Albores Vázquez (INFANTIL)
CATEGORÍA B: María Toja Real (3º PRIMARIA)
CATEGORÍA C: Noé Vigo Fernández (5º PRIMARIA)
CATEGORÍA D: Enma Lobelos Lema (2º ESO)
sábado, 18 de decembro de 2021
DIC, DAC, DOCS
Dic, dac, docs é unha serie documental producida por Adarme Visual que pode verse no Portal da Lingua Galega e na canle de YouTube da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Conta co guión de María Reimóndez e mais dos directores do proxecto -Álex Penabade e David Hernández-, a voz en off de María Roja e a música de Iván Blanco.
Dirixida a nenos e nenas de 2 a 7 anos, os cinco breves capítulos que compoñen esta serie teñen a finalidade de facilitarlle á cativada a adquisición de vocabulario en galego. Cada capítulo está dedicado a un tema (a cidade, a horta, a casa, a granxa e os medios de transporte), que será o eixo a través do cal os pequenos descubrirán os elementos e as palabras en galego relacionadas con ese campo. Todos os capítulos están encadrados no ámbito galego e cunha referencia clara á xeografía e á cultura de Galicia.
xoves, 25 de novembro de 2021
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
DIGNIDADE E IGUALDADE!
CHARLA DA ASOCIACIÓN O SON DAS VARAS
Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...
-
CATÁLOGO SOBRE O MAGOSTO E O OUTONO Este traballo foi elaborado grazas á recompilación de cantigas, refráns ... realizada polo alumnado do...
-
O alumnado de 3º de primaria e 2º de ESO participou hoxe no Correlingua 2023, que ten como lema "Na casa, na escola, bota a lingua fóra...
-
As gañadoras do II Concurso de lemas a prol da lingua galega nas dúas categorías da ESO foron: -Categoría D (1º e 2º ESO): Lucía Souto Su...