A alumna gañadora do concurso " O mes que andamos" de abril foi:
ENMA LOBELOS LEMA (3º ESO)
A alumna gañadora do concurso " O mes que andamos" de abril foi:
ENMA LOBELOS LEMA (3º ESO)
O alumnado de 3º de primaria e 2º de ESO participou hoxe no Correlingua 2023, que ten como lema "Na casa, na escola, bota a lingua fóra".
A andaina comezou diante do pavillón polideportivo de Riazor e rematou onda a Torre de Hércules. Alí, leuse un manifesto a prol da lingua galega e entregouse o premio á mellor pancarta. Ademais, o alumnado puido gozar da actuación do grupo Cuarta Xusta.
Para celebrar o Día Internacional do Libro, o EDLG deseñou un cartel no que se promociona a lectura en lingua galega.
O traballo pódese ver no seguinte enlace:
ALUMNADO PARTICIPANTE
1º ESO
Ainara Cundíns Pérez
Sara Devesa Cabrejo
Roberto Márquez Baneira
Laura Órdoñez Vázquez
Lucía Souto Suena
Mateo Toja Gómez
Alejandro Vázquez Miñones
2º ESO
Nazaret Álvarez Fernández
Xabier Gómez Romero
Miriam Insua Silva
Álex Pose Abelenda
Noa Romero Cousillas
Xiana Sueiro Eiroa
3º ESO
Sara Bello Agra
Iria Costa Dourado
Enma Lobelos Lema
Ainara Rodríguez Blanco
Cristina Santos Facal
4º ESO
Mireya Carballo Senande
Blanca Charlín Quintela
Xeima Manmina Suárez
Nerea Pombo Cousillas
Saskia Rodríguez Fidalgo
Marcos Suárez Toja
Algúns grupos de primaria elaboraron colgadores para as portas para conmemorar o Día do Libro.
Colgadores de 3º de primaria |
Ademais, os nenos e as nenas recomendaron lecturas en galego aos seus compañeiros e compañeiras.
Alumno de 3º de primaria |
Alumna de 3º de primaria |
Alumna de 3º de primaria |
Alumna de 3º de primaria |
A alumna gañadora do concurso " O mes que andamos" de marzo foi:
CELIA VIDAL LÓPEZ (1º ESO)
PARABÉNS!
A Real Academia Galega das Belas Artes conmemora cada 1 de abril, dende 2015, o Día das Artes Galegas. En 2023 homenaxéase a Martín Códax.
Cada ano, o consello executivo de ITI escolle un personalidade para escribir a mensaxe deste día. En 2023 elixiron a actriz exipcia Samiha Ayoub:
"O que facemos no mundo do teatro como dramaturgos, directores, actores, escenógrafos, poetas, músicos, coreógrafos e técnicos, todos nós sen excepción, é un acto de creación de vida que non existía antes de subir ao escenario. Esta vida merece unha man agarimosa que a sosteña, un peito amoroso que a abrace, un corazón bondadoso que a simpatice e unha mente sobria que lle proporcione as razóns que necesita para continuar e sobrevivir".
DÍA EUROPEO DOS ESCRITORES E DAS ESCRITORAS |
A Comisión Europea anunciou unha nova iniciativa: o Día Europeo dos Escritores e das Escritoras. O obxectivo é promover a lectura entre as persoas mozas e dar a coñecer a riqueza cultural e lingüística europea. Este día celebrarase a partir de 2023 cada 27 de marzo.
A Real Academia Galega ofrece no seu espazo web Primavera das Letras unha serie de recursos lúdicos e didácticos para achegar a rapazada de infantil e primaria á figura e a obra do autor ao que este ano a institución lle dedica o Día das Letras Galegas: Francisco Fernández del Riego. Atoparedes desde a obra de teatro As cousas de don Paco de Eva Mejuto ata a sección Xoga connosco, con actividades interactivas.
Tedes toda a información en: https://primaveradasletras.gal/.
A UNESCO conmemora o Día Internacional da Poesía cada 21 de marzo dende 1999. Faino co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilización daquelas linguas que se atopan en perigo.
“A poesía enriquece o diálogo que cataliza o progreso humano”. (Audrey Azoulay, directora xeral da UNESCO) |
Celebramos o Día Internacional da Poesía coa lectura de poemas na nosa lingua.
Realizouse unha selección de composicións de escritores e escritoras de todos os períodos da literatura galega, entre outros/as: Manuel María, Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Fran Alonso, Ana Romaní, Pilar Pallarés, Celso Emilio Ferreiro, Darío Xohán Cabana, Carlos Negro, Marta Dacosta, Ramón Cabanillas, Olga Novo, Xela Arias…
Cada alumno/a, ao chegar á aula pola mañá, recibiu un agasallo especial: un destes poemas.
Alumnado de 2º ESO |
Alumna de 3º EP |
Alumnado de 3º EP |
Alumno de 3º EP |
Alumna de 3º EP |
Alumnado de 3º EP |
Alumnado de 3º EP |
Ainara (1º ESO) |
Alejandro (1º ESO) |
Celia (1º ESO) |
Enma (3º ESO) |
Enrique (1º ESO) |
Hugo (1º ESO) |
Iria (3º ESO) |
Laura (1º ESO) |
Lucía (1º ESO) |
Mateo (1º ESO) |
Roberto (1º ESO) |
Álex (2º ESO) |
Miriam (2º ESO) |
Aroa (2º ESO) |
Xabier (2º ESO) |
Aitana (2º ESO) |
Teresa e Alfonso da asociación O Son das Varas de Ponteceso deron unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre o oficio tradicional de ceste...